Dous atracadores ameazan o propietario dunha nave de cereais en Vilaboa e lévanlle os cartos da caixa
Dous atracadores ameazan o propietario dunha nave de cereais en Vilaboa e lévanlle os cartos da caixa
Dous atracadores ameazan o propietario dunha nave de cereais en Vilaboa e lévanlle os cartos da caixa
Un dos atracadores xa estivera na nave unha hora antes de cometer o atraco
Non houbo feridos pero levaron os cartos que había no negocio
Atraco a punta de pistola nunha nave de cereais en Vilaboa. Os dous ladróns levaron os cartos da caixa rexistradora en cuestión de minutos.
"Entraron dous home con máscaras cirúrxicas. Ameazaron o meu compañeiro con dous revólveres e pedíronlle os cartos. Dixéronlle que non levantara cabeza e foron directamente á caixa. Foi todo moi rápido, en tres minutos acabaron. Preguntáronlle se tiña máis cartos, meu irmán díxolles que non e saíron", relatou Ero Sobral, un dos propietarios do almacén.
Segundo comprobaron nas cámaras de seguridade un dos atracadores xa acudira unha hora antes ao almacén.
"Antes das nove veu un tentear o terreo. Non se deu conta de que o viran. Un dos meus empregados díxome que vira as cámaras, que ás nove entrara, que vira algo raro e que saíra sen preguntar nada. E deu a casualidade de que era el", di Sobral
Aínda así non contaban con sufrir un ataque coma este, que non deixou ningún ferido pero si levaron todo o que había na caixa.
"Meu irmán estao pasando mal e foi o máis afectado. Que te ameacen con dúas pistolas non é cómodo para ninguén", asegurou Sobral
A Garda Civil investiga o atraco e se as armas empregadas eran reais.