Cargando resultados...
Negan a repatriación do corpo do dominicano asasinado a tiros nun bar de Carballo
Negan a repatriación do corpo do dominicano asasinado a tiros nun bar de Carballo
O xuíz considera que o cadáver pode axudar a resolver o asasinato do bar de Carballo
G24.gal
12/12/2024 14:27
O xuíz instrutor nega a repatriación do cadáver de José Luis Alvarado á República Dominicana, solicitada pola súa familia. Alvarado fora asasinado a tiros nun bar de Carballo.
O xuíz decretou o segredo de sumario e considera que o cadáver pode ser aínda clave na investigación do caso, que apunta a un axuste de contas por unha débeda por narcotráfico ou a unha perda dun alixo de cocaína. No que si non parece haber dúbidas é en que o crime foi unha encarga a dous sicarios, que o mataron a sangue frío.