Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia de Amin, o mozo asasinado en Ourense, pide axuda para repatriar o seu corpo a Marrocos

A familia de Amin, o mozo asasinado en Ourense, pide axuda para repatriar o seu corpo a Marrocos

Os seus achegados creraron unha conta de Instagram para pedir axuda monetaria e de difusión

Amin foi asasinado o pasado 29 de novembro, o día que facía 21 anos

G24.gal 05/12/2024 11:40

A familia de Amin, o mozo asasinado hai unha semana na zona dos viños de Ourense, pide axuda para repatriar o seu corpo a Marrocos.

Os achegados crearon unha conta na rede social Instagram na que piden colaboración, tanto de difusión como monetaria. O seu obxectivo é conseguir o diñeiro suficiente para ofrecerlle ao asasinado un funeral digno no seu país de orixe. A conta de Instagram conta con 140 seguidores.

Na única publicación deste perfil especifícase a conta bancaria para realizar os pagos. A iniciativa busca "xuntar forzas e brindarlles apoio neste momento difícil. Calquera contribución, por pequena que sexa, será de axuda para a familia", segundo sinalan na publicación. 

Amin faleceu o día que facía 21 anos durante unha liorta na que recibiu unha coitelada mortal. O presunto autor, de 38 anos, está no cárcere con prisión provisional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade