Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña bate marcas en turismo de transatlánticos e rematará o ano con máis de 400.000 visitantes

A Coruña bate marcas en turismo de transatlánticos e rematará o ano con máis de 400.000 visitantes

Este luns chegou o buque número 132 e superouse o pasaxeiro número 330.000

G24.gal 07/10/2024 14:39

Con máis de 30 millóns de euros de retorno na economía local, o turismo de cruceiros volve bater marcas na Coruña. Este luns chegou o buque número 132 e acadouse o pasaxeiro número 330.000, co que, a falta de tres meses para que remate 2024, xa se superan as cifras do ano anterior. Cifras que seguen a aumentar nun sector que tenta dar pasos para se facer máis sustentable.

Botado en xuño en Alemaña, o MeinSchiff 7 está propulsado con biocombustibles. Realiza en 11 días a ruta entre Hamburgo e Palma de Mallorca e fai escala por primeira vez na Coruña, por iso de celebrou a bordo o intercambio de métopas, de agasallos, coas autoridades locais. 

Conta, Georgios Dimou, o capitán, que xa estivo moitas veces aquí, pero cos transatlánticos My Shiff 1, 4 e 6.  É a primeira vez chega como capitán desta nova versión, "máis luxosa e cunha enorme piscina de 25 metros en cuberta", desde a que os pasaxeiros contemplaban as galerías da Mariña.
 

"Sempre é un pracer estar aquí porque o porto ofrece moitas vantaxes e facilidades técnicas, e para os pasaxeiros ofrece a posibilidade de visitar moitos lugares de interese histórico, que é o que máis lles gusta. Para o tempo que non están en terra, teñen 15 plantas con restaurantes exclusivos, teatro, spa, ximnasio, sauna..." , engade o capitán.

 "Xa batemos todas as marcas este ano. E agora ademais, todos os transatlánticos novos se constrúen con criterios de sustentabilidade", comenta Luis del Moral, o director da Terminal de Cruceiros da Coruña.

Porque a sustentabilidade é hoxe o maior desafío para este tipo de turismo, que se espera que a fin de ano deixe na Coruña 400.000 pasaxeiros e uns 30 millóns de euros de retorno económico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade