Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alemaña reforza as medidas de control para tentar frear os contaxios

Alemaña reforza as medidas de control para tentar frear os contaxios

O Goberno estuda aplicar novas medidas para atallar a expansión do virus

G24.gal 06/11/2021 09:20

A incidencia acumulada a sete días ascendeu en Alemaña aos 183,7 casos por 100.000 habitantes, segundo datos do Instituto Robert Koch (RKI) de viroloxía actualizados na madrugada do sábado. O venres, a cifra xa escalara ata as 169,9 infeccións, fronte ás 154,5 da xornada anterior.

O RKI rexistrou ademais 34.002 contaxios en 24 horas, despois de que o xoves e o venres se bateran dúas marcas consecutivas desde o inicio da pandemia, con 33.949 e 37.120 novas infeccións respectivamente.

Segundo as novas informacións do instituto de viroloxía, na última xornada producíronse ademais 142 mortes por covid-19, 12 menos que o día anterior, aínda que o dato é claramente superior aos 90 decesos rexistrados hai unha semana.

Medidas para frear a cuarta onda

O ministro de Sanidade en funcións, Jens Spahn, reuniuse o venres con responsables de sanidade dos "Länder" para acordar medidas coas que facer fronte á cuarta onda que na actualidade golpea o país "con plena forza", segundo o titular.

Spahn advertiu de que a situación podería volverse especialmente complicada dentro dunhas semanas, cando unha parte das persoas contaxiadas comecen a chegar ás unidades de coidados intensivos.

Para atallar a onda de novas infeccións, os ministros decidiron reforzar os controis para garantir o cumprimento das normas que só permiten acceder a certos espazos a persoas vacinadas, restablecidas ou cun test negativo ("3 G", polas siglas en alemán).

Regras máis restritivas

Ademais, naquelas rexións cunha incidencia especialmente alta, está previsto que as regras sexan máis restritivas para aquelas persoas que non estean vacinadas ou restablecidas (o coñecido como "2 G").

O estado federado de Sajonia fará uso desta regulación a partir do luns, de xeito que será imprescindible a vacina ou superar a covid-19 para acceder a restaurantes, discotecas ou eventos culturais.

Os responsables de sanidade decidiron tamén reforzar a seguridade en residencias de mairoes e impulsar a campaña de vacinación da dose de refresco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar