Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cooperativa CLUN presenta un novo leite máis dixestivo

A cooperativa CLUN presenta un novo leite máis dixestivo

A industria láctea pon o foco nas vacas que producen a proteína A2, que son as que de xeito natural producen esa proteína dixestiva sen a incorporación de aditivos

Actualmente esa pureza só a teñen un 35% dos animais

Sae ao mercado un novo leite que contén soamente proteína A2
G24.gal 13/03/2025 15:25 Última actualización 13/03/2025 18:25

Que o leite é rico en calcio, vitaminas e minerais é por todos coñecido, pero do que non se fala tanto é da proteína A2. Orixinariamente todas as vacas a producían, pero unha mutación xenética levou a que produciran tamén a A1, que é a causante de moitos dos problemas dixestivos e inflamatorios asociados ao consumo de leite. 

"En bastantes persoas provoca ou ben dispepsia ou ben intolerancia á lactosa ou ben as dúas cousas. Despois tamén hai moita xente á que non lle afecta. E ademais tamén aumenta un pouquiño o estrés oxidativo", explica Ismael Martínez, responsable de I+D de CLUN.

"Moita xente deixa de tomar o leite e di é que teño intolerancia á lactosa, moitas veces non é intolerancia á lactosa o que ten é un problema con esa proteína A1", apunta Cristina Fente, catedrática de Nutrición e Bromatoloxía no Campus de Lugo da USC.

Excluíndo a proteína A1 conséguese un leite máis dixestivo, por iso é importante conseguir vacas que só produzan proteína A2. Actualmente esa pureza só a teñen un 35% dos animais.

"Mediante un programa de reprodución selectiva, recriando soamente as A2 podemos facer rabaños puros A2-A2", continúa Ismael.

O novo leite da cooperativa CLUN 100% A2 foi presentado nun acto en que participaron numeros investigadores que falaron sobre os estudos que están realizando con este produto. A proteína A1 pode resultar moi prexudicial para as mulleres xestantes.

 "Pode ter efectos negativos no bebé, por exemplo aumentar a tendencia a ter cólicos ou mesmo aumentar a tendencia a ter dermatite atópica", informa a catedrática de Nutrición da USC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade