Publicador de contidos
Publicador de contidos

A lea do VAR aumenta con Laporta cualificando de "vergoña" o que pasou no Bernabéu

A lea do VAR aumenta con Laporta cualificando de "vergoña" o que pasou no Bernabéu

G24.gal 23/01/2024 20:55

A polémica arredor da arbitraxe do Real Madrid-Almería segue medrando. A filtración nas últimas horas dos audios completos do encontro a unha coñecida canle de Twich obrigou a Federación a mover ficha e a presentar denuncia ante a Garda Civil ao tempo que mantén aberta unha investigación interna.

Entrementres, o presidente do Fúltbol Club Barcelona aproveitou unha entrega de premios para cargar contra as decisións arbitrais no encontro do Bernabéu.

Perdeuse a oportunidade de recortarlle puntos ao Real Madrid, dixo Laporta. Xavi preferiu non afondar na ferida respondendo a quen insinuou que os seus partidos como xogador barcelonista están baixo sospeita polo caso Negreira.

A Simeone tamén lle preguntaron polo Real Madrid-Almería. El prefire non mollarse no particular... pero en xeral defende a chegada da videoarbitraxe. Simeone fía fino despois de que o VAR interviñese en varias xogadas ante o Granada. Unha delas serviu para validar por milímetros o único gol do encontro, o de Morata, que devolve o Atlético a postos de Champions.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos