Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Mancomunidade de Ordes, disposta a continuar co Rally da Auga malia a suspensión

A Mancomunidade de Ordes, disposta a continuar co Rally da Auga malia a suspensión

Antes, a Agrupación Deportiva Noroeste Motor e o Comité Organizador do Rally da Auga dedidiron cancelar a vindeira edición da proba

G24.gal 07/02/2024 15:07 Última actualización 07/02/2024 15:16

A Mancomunidade de Ordes, composta por sete concellos, está disposta a continuar co Rally da Auga. O nove de xaneiro chegou a un acordo cos organizadores para asinar un convenio. Convenio que está por asinar. A organización pedía cinco mil euros e a Mancomunidade ofrece sete mil. Incluíndo o concello de Trazo polo que non pasa o rally. Segundo puido saber a Televisión de Galicia a idea dos concellos é reunirse de maneira urxente cos organizadores e tratar de reconducir a situación.

Antes, a Agrupación Deportiva Noroeste Motor e o Comité Organizador do Rally da Auga decidiron cancelar a vindeira edición da proba, que estaba programada para os días 12 e 13 de abril e pertencía ao Campionato de España de Rallys de Terra. 

"O noso esgotamento organizativo e a incerteza institucional no ámbito deportivo e económico fainos tomar esta difícil decisión logo dunha coidadosa consideración e avaliación da situación actual". 

Falamos con María Zas, presidenta do Rally.

"Uns traballaban a tope. Outros tomárono con máis calma".

"Non merece desaparecer. Espero que a boten de menos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos