Publicador de contidos

Publicador de contidos

A máscara seguirá sendo obrigatoria en centros sanitarios, residencias e farmacias

A máscara seguirá sendo obrigatoria en centros sanitarios, residencias e farmacias

Poderemos prescindir dela no transporte público a partir da vindeira semana

G24.gal 02/02/2023 17:52 Última actualización 03/02/2023 14:50

As máscaras deixarán de ser de uso obrigatorio nos transportes públicos e en establecementos sanitarios como ópticas, centros de audiometría ou ortopedias, onde ata o de agora había que levalas.

Con todo, haberá que seguir poñéndoa en centros de saúde, hospitais, residencias e demais centros sanitarios e sociosanitarios, tanto os traballadores coma os visitantes, así como en farmacias e boticas.

Así llelo trasladou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, aos conselleiros durante a reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, celebrada este xoves.

A modificación da norma que aprobará o Goberno o vindeiro martes entrará en vigor cando se publique no BOE, previsiblemente ao día seguinte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar