A mesma cantiga de sempre que acaba en derrota do Polvorín (1-2)
A mesma cantiga de sempre que acaba en derrota do Polvorín (1-2)
Comezou adiantándose pero sumou a sétima xornada sen gañar, que deixa a permanencia moi lonxe
Era unha vitoria que non podía escapar, pero o Polvorín volveu perder contra o Marino de Luanco (1-2) e a permanencia comeza a ser unha quimera.
E iso que o partido comezou do mellor xeito. En catro minutos Iago Novo xerara dúas ocasións e David Rosón marcara o primeiro gol cun remate de cabeza.
O Marino entrou atordado no partido, pero, pouco a pouco, foise facendo co control. Aproveitou á media hora un remate espectacular de chilena do brasileiro Vanderson (3 goles en cinco partidos) para marcar o gol do empate.
Un vello coñecido da afección galega, Luís Nuño, fixo o segundo mediada a segunda parte. O Polvorín tivo unha grande ocasión para empatar cun remate de Antonetti, pero os puntos volveron fuxir do Anxo Carro.