Publicador de contidos
Publicador de contidos

A RFEF cesa a Andreu Camps, que era a man dereita de Luis Rubiales

A RFEF cesa a Andreu Camps, que era a man dereita de Luis Rubiales

Elvira Andrés e Alfredo Olivares realizarán as súas funcións ata o remate do proceso electoral

G24.gal 20/09/2023 21:16

A Real Federación Española de Fútbol anunciou que "prescinde dos servizos" do secretario xeral Andreu Camps e que non nomeará un novo. As funcións pasarán a ser asumidas de xeito interino por Elvira Andrés e Alfredo Olivares ata o remate do proceso electoral. 

A partir deste momento "e neste tempo de transición" collen a remuda a directora do Gabinete de Presidencia e o actual director de Competicións, que realizará funcións executivas. 

A RFEF explica: "Esta decisión tomouse de acordo co artigo 39.2 dos estatutos, que indica que o nomeamento do Secretario Xeral será facultativo para o Presidente da RFEF, quen, se non efectuara tal designación, será o responsable das funcións propias daquel e poderá delegar nas persoas que considere oportuno". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade