Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sexta vaga eleva a case 2.400 os positivos na Mariña

A sexta vaga eleva a case 2.400 os positivos na Mariña

En Viveiro, Burela e Ribadeo hai máis de 400 infectados

G24.gal 23/01/2022 12:47

A xornada en Viveiro é tranquila. Aínda non hai moita xente pola rúa, pero as cafeterías xa están abertas para acoller os que buscan o primeiro café da mañá. José é o dono deste establecemento, ten cinco empregadas e dúas delas están de baixa porque deron positivo no test de antíxenos

José non desconfía das súas empregadas, con algunhas leva traballando 17 anos, pero cre que nesta altura hai que tratar a covid doutro xeito, algo no que cadra con este veciño de Viveiro.

Pola rúa atopamos estoutro veciño, un mariñeiro que hai un ano estivo no hospital ingresado por covid. Cóntanos que a súa irmá, que vive en Barcelona, botou seis meses na UCI por culpa da covid.

Volvemos ao bar de José e preguntámoslle a un dos seus clientes a que cre que se pode deber que sexa tan alta a incidencia na Mariña.

Segundo os últimos datos ofrecidos polo Sergas en Viveiro, hai 436 positivos, en Burela 422 e en Ribadeo 406.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar