Cargando resultados...
A socialista Marta Rouco releva na alcaldía de Vilalba a Elba Veleiro
A socialista Marta Rouco releva na alcaldía de Vilalba a Elba Veleiro
Veleiro deixou o cargo alegando motivos persoais
Marta Rouco colleu o bastón de mando da man de Elba Veleiro
G24.gal
11/10/2023 20:58
Última actualización 11/10/2023 21:17
A socialista Marta Rouco, que concorreu nos últimos comicios municipais como número 2 da lista do PSdeG por Vilalba, é desde este mércores a nova alcaldesa deste municipio lucense.
Substitúe no cargo a Elba Veleiro, que renunciou só catro meses despois da súa investidura alegando motivos persoais.
Marta Rouco, moi emocionada, contou co apoio de Vilalba Aberta e tamén do BNG nun pleno de investidura en que estivo presente o líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso.