Publicador de contidos
Publicador de contidos

Azcón, investido presidente do primeiro goberno PP-Vox en Aragón co apoio do PAR

Azcón, investido presidente do primeiro goberno PP-Vox en Aragón co apoio do PAR

O pacto con Vox derroga a Lei de memoria democrática de Aragón, a reforma da Lei autonómica de identidade e expresión de xénero e igualdade e non discriminación e elimina varios organismos de carácter social

O popular Jorge Azcón (dereita) saúda o voceiro de Vox e vindeiro vicepresidente. EFE/ Javier Belver O popular Jorge Azcón (dereita) saúda o voceiro de Vox e vindeiro vicepresidente. EFE/ Javier Belver
G24.gal 10/08/2023 17:13

O popular Jorge Azcón foi investido este xoves presidente do primeiro Goberno de Aragón en que entra Vox en virtude dun acordo de coalición e no que, a diferenza doutras comunidades, contou co apoio para a investidura dun terceiro partido, o PAR.

Co acordo de goberno asinado con Vox e o de investidura acadado co único deputado do PAR, Azcón superou en dous deputados, 36, a maioría absoluta das Cortes ao incorporar aos 28 deputados do PP os 7 da formación de Santiago Abascal e o do aragonesista, mentres que votaron en contra 31: o PSOE (23), CHA (3), Teruel Existe (3), Podemos (1) e EU (1).

Azcón chega á Presidencia de Aragón tras subscribir un acordo de goberno de 80 puntos e 10 áreas con Vox. Esta formación ocupará unha macroárea de Desenvolvemento Territorial, Despoboamento e Xustiza, con rango de vicepresidencia primeira, que encabezará o líder da formación en Aragón, Alejandro Nolasco, e a consellería de Agricultura e Gandería.

O pacto recolle, entre outros puntos, a derrogación da Lei de memoria democrática de Aragón, a reforma da Lei autonómica de identidade e expresión de xénero e igualdade e non discriminación e a supresión de "organismos ideolóxicos", como o Comisionado para a Axenda 2030, o do despoboamento e o da infancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade