Castro Caldelas repetirá eleccións municipais o 26 de novembro
Castro Caldelas repetirá eleccións municipais o 26 de novembro
Os electores de tres mesas deberán volver votar tras a decisión da Xunta Electoral Central mandara repetir os comicios tras dun recurso do PSdeG-PSOE pola non contabilización de 118 votos
O concello ourensán de Castro Caldelas xa ten data para a repetición das eleccións municipais en tres mesas electorais afectadas por irregularidades nos pasados comicios do 28 de marzo. Serán o próximo 26 de novembro.
O Consello de Ministros acordou este luns convocar para esa data eleccións en 44 concellos nos que non se presentaran candidaturas ou onde se anularan resultados, como é o caso de Castro Caldelas.
A campaña electoral terá tamén unha duración de 15 días, e comezará ás 00:00 horas do venres 10 de novembro e concluirá ás 00:00 do 25 de novembro cando dea inicio a xornada de reflexión.
A non contabilización de 118 votos en Castro Caldelas motivou que a Xunta Electoral Central ordenara repetir os comicios, alegando que "non se mantivo a cadea de custodia" deses votos emitidos que non se contaron.
O día da votación, a Xunta Electoral de Zona mandou, tras impugnacións dos populares, apartar e non remitir ás mesas eses votos despois da polémica por suposta fraude nunha residencia de anciáns da localidade.
Posteriormente, tras o recurso do PSdeG-PSOE, que con todo lograra a maioría absoluta por 27 papeletas, a Xunta Electoral Central emitiu esa resolución firme que ordenaba a repetición.