Cargando resultados...
A UE propón que o certificado covid teña unha validez de nove meses
A UE propón que o certificado covid teña unha validez de nove meses
Sería necesaria a dose de reforzo para poder circular polos estados membros
G24.gal
25/11/2021 14:24
As autoridades europeas tratan de unificar criterios entre os estados membros cunha proposta: o establecemento dun límite máximo de validez da vacina de nove meses desde a súa administración para poder viaxar aos diferentes países da Unión.
A tese alíñase cos argumentos a favor das vacinas de reforzo. A Comisión Europea quere que se dea prioridade aos viaxeiros vacinados e tamén vai propor que a partir do vindeiro 10 de xaneiro os viaxeiros que recibisen algunha das vacinas aprobadas pola Organización Mundial da Saúde poidan entrar nos diferentes estados.