Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convoca os partidos a unha reunión para traballar por un "gran pacto pola lingua"

A Xunta convoca os partidos a unha reunión para traballar por un "gran pacto pola lingua"

O conselleiro de Cultura dixo que a lingua galega “é un dos nosos maiores tesouros", polo que afirmou que "é fundamental traballar xuntos, desde a cordialidade e liberdade, para preservala e poñela en valor”

G24.gal 09/10/2024 14:45

O titular de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta, José López Campos, convocou para o próximo día 24 de outubro os grupos representados no Parlamento de Galicia a unha reunión de traballo co obxecto de "abrir o proceso de diálogo para acordar un gran pacto pola lingua".

No transcurso do acto de presentación, esta mañá, da nova imaxe da campaña 'Saca a lingua que levas dentro', o conselleiro dixo que a lingua galega “é un dos nosos maiores tesouros", polo que afirmou que "é fundamental traballar xuntos, desde a cordialidade e liberdade, para preservala e poñela en valor”.

No marco da citada campaña, a Xunta ofertará máis dun centenar de cursos de lingua e cultura galegas a persoas procedentes do exterior, que se enmarcará dentro do Plan de 50 medidas que poñerá no ano 2025 co fin de impulsar o emprego do galego en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade.

López Campos deu a coñecer a nova imaxe desta campaña, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, en que, indicou, incídese na importancia do galego “como elemento clave da nosa identidade”. Destacou que “nunca antes” se dera o caso que “houbese tantos galegos que soubesen falar, ler e escribir na nosa lingua”, en referencia a que o galego é a lingua cooficial de España máis empregada e o idioma cooficial co índice máis alto de coñecemento de comprensión e lectoescritura, asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade