A Xunta pídelle ao Goberno que retire o visor eólico porque considera que ten erros
A conselleira de Medio Ambiente di que é imprescindible para avanzar na descarbonización de Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, quere que o Goberno central corrixa, ou elimine, o seu visor eólico. É unha ferramenta informativa pensada para orientar sobre a instalación de parques eólicos, pero que, segundo a Xunta, ten erros graves.
Vázquez asegura que este visor do Ministerio de Transición Ecolóxica considera todo o territorio galego como zona sensible. E lembra que iso non é así, porque Galicia ten normas propias vixentes que determinan onde se poden ou non instalar muíños. Segundo a conselleira, se non o corrixe, o Ministerio estará complicando a transición enerxética galega.
"Non é ningunha escusa para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paralice os parques eólicos. Non queremos que teña ningunha escusa", explica a conselleira, Ángeles Vázquez.