Absolto o médico do PAC da Estrada dun delito de homicido imprudente pola morte dun paciente sen asistencia en 2018
Absolto o médico do PAC da Estrada dun delito de homicido imprudente pola morte dun paciente sen asistencia en 2018
A sentenza conclúe que o falecemento se evitaría se o home recibise asistencia médica
Entende que non foi responsabilidade do médico, xa que o Sergas estaba informado da súa ausencia dende primeira hora da tarde e decidiran non substituílo

Quedou absolto o médico da Estrada que se esquecera de facer unha garda no PAC en agosto de 2018, o mesmo día que morrera un paciente sen asistencia.
Enfrontábase a unha condena por homicidio imprudente. A sentenza conclúe que o falecemento se evitaría se o home recibise asistencia médica, pero entende que non foi responsabilidade do médico, xa que o servizo de xestión do Sergas estaba informado da súa ausencia dende primeira hora da tarde e decidiran non substituílo.
Deuse a circunstancia de que a outra médica de garda tamén estaba fóra, atendendo nun domicilio.