Publicador de contidos

Publicador de contidos

Absolven o exalcalde de Baiona de prevaricación administrativa por quitarse multas

Absolven o exalcalde de Baiona de prevaricación administrativa por quitarse multas

A Audiencia entende que malia que debia absterse nas resolución polas que Carlos Gómez se quitaba as multas, "non poden ser tachadas de patente, clamorosa e manifestamente inxustas ou arbitrarias",

G24.gal 08/02/2024 14:55

O exalcalde de Baiona Carlos Gómez Prado, concelleiro do PSdeG no municipio pontevedrés e deputado provincial, quedou absolto do delito de prevaricación administrativa que lle imputaba o Ministerio Fiscal por quitarse cinco multas por mal estacionamento en 2021.

Na súa sentenza, os maxistrados recoñecen que Carlos Gómez si asinou as cinco resolucións polas que se arquivaban as cinco multas que se lle impuxeron por aparcar en carga e descarga, despois de alegar que posuía unha tarxeta que lle permitía facelo no exercicio das súas funcións como rexedor.

A Audiencia Provincial, con sede en Vigo, explica que, a pesar de que a súa deber de abstención era "incuestionable", xa que non debería asinar el mesmo os expedientes que lle quitaban as súas propias multas, estas resolucións ditadas "non poden ser tachadas de patente, clamorosa e manifestamente inxustas ou arbitrarias", polo que os feitos non poden tipificarse como constitutivos dun delito de prevariación, como defendía Fiscalía.

Con todo, os maxistrados engaden que, Carlos Gómez si tivo coñecemento destes feitos cando lle notifican en casa que as súas multas foron arquivadas. Con todo, "non fala con ninguén, e a ninguén lle consulta que pode facer, non realizando actuación algunha para tratar de emendar o feito".

O Tribunal outorga valor probatorio a varias testemuñas que achegou a defensa e non aos sete axentes que asinaron a denuncia xa que recoñeceron a existencia dun conflicto importante dentro da policía local de Baiona.

Así, dan por bo que o alcalde dispoñía dunha tarxeta para aparcar como vehículo autorizado antes de que lle impuxesen as sancións -nuns casos esqueceuse de poñer a tarxeta e noutros lla deixou nun vehículo distinto- e que xa estacionara nesa zona de carga e descarga con anterioridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade