Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agónico triunfo do Barcelona, que pon unha vantaxe de 2-0 na final da ACB

Agónico triunfo do Barcelona, que pon unha vantaxe de 2-0 na final da ACB

Llull tivo o tiro para gañar o partido, pero o Barça levou o triunfo por 86-85

G24.gal 18/06/2023 20:35

O Barcelona gañou o segundo partido da serie final da ACB e o Real Madrid precisa vencer os vindeiros tres se quere conquistar o título de liga. Foi un partido agónico que se decidiu a prol dos barcelonistas con dous tiros libres de Laprovittola a cinco segundos do final. Llull tivo o último tiro para gañar o partido pero acabou errando. 

Comezou ben o Barcelona (14-9) pero pronto se intuía que a igualdade ía ser máxima (20-19 no primeiro cuarto). No segundo tocoulle ao Real Madrid marchar por cinco puntos (27-32) e reaccionou o equipo catalán da man de Vesely para ir catro arriba no descanso (45-41). 

Entrou Mirotic con moita forza no terceiro cuarto e permitiu que o seu equipo collese unha máxima diferenza de nove puntos (57-48). A reacción branca resultou inmediata (2-10) para que volvese a igualdade ao partido. 

Un momento importante foi o parcial de 1-13 que conseguiu o Real Madrid no último cuarto (72-78). O partido converteuse nun duelo Llull (12 no último cuarto)-Mirotic (25 puntos) que mantivo a igualdade. As alternativas desde o tiro libre foron constantes e a sorte acabou caendo do lado do Barcelona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar