Cargando resultados...
Alcaraz supera a Griekspoor e xogará a terceira rolda en Wimbledon
Alcaraz supera a Griekspoor e xogará a terceira rolda en Wimbledon
O tenista murciano segue dando pasos na súa adaptación á herba tras unha estrea dubitativa
G24.gal
29/06/2022 20:58
Última actualización 29/06/2022 21:20
Carlos Alcaraz xogará por primeira vez na súa carreira a terceira rolda do torneo londiniense.
O tenista murciano superou con contundencia a Tallon Griekspoor, a quen derrotou en tres sets por 4–6, 6–7 e 3–6, nun partido que superou as dúas horas.
Alcaraz segue dando pasos na súa adaptación á herba tras unha estrea sufrida. O seu próximo rival será o alemán Carlos Otte.