Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alejandro Muñiz, o terceiro árbitro galego que acada a internacionalidade

Alejandro Muñiz, o terceiro árbitro galego que acada a internacionalidade

Con 32 anos, e logo de dous asubiando en Primeira División, chégalle a oportunidade de ser internacional

G24.gal 29/06/2023 14:37

Alejandro Múñiz xa soña co día en que poida lucir a súa escarapela FIFA de árbitro internacional. Hai que botar a vista atrás até a década dos anos noventa para ver o primeiro árbitro galego con categoría mundial. Raúl García de Loza, que pitou dous partidos da Copa da UEFA.

Máis tarde foi Bernardino González Vázquez quen puxo o escudo da categoría superior, a partir de 2004, con catro partidos asubiados na Europa League e mesmo dous na Champions.

Múñiz Ruiz, que leva dúas tempadas asubiándo no fútbol profesional español, é un árbitro da era VAR; da vídeo arbitraxe e do fútbol dos paróns que el defende, malia o seu polémico uso.

O árbitro pontevedrés será o terceiro galego no fútbol masculino. No feminino xa arbitra polas carreiras de afora dende hai cinco anos a ourensá Zulema González.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade