Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alex López: "Gustaríame seguir xogando, as sensacións son boas"

Alex López: "Gustaríame seguir xogando, as sensacións son boas"

O capitán do Rácing desexa seguir a vindeira tempada, mais escoitará o club

G24.gal 08/06/2024 17:12

Ao seus 36 anos o racinguista Alex López segue con ganas de máis. Tras desputar 35 partidos nesta tempada, o mediocentro vése con opcións de continuar ao mando de Cristóbal:

"Gustaríame seguir xogando, as sensacións que teño son moi boas".

"Si que é certo que tiven algunha dúbida porque ao final a esixencia sobre min é moi alta. O máis importante é o aspecto real, deportivo. Rematei xogando moitos minutos e a miña valoración é que din un rendemento alto".

O capitán ferrolá ten claro que quere colgar as botas sen pasar por outro club máis, polo que o seu futuro pasa unicamente pola Malata. Para iso, conversará coa dirixentes da entidade e o corpo técnico para acadar a solución que máis favoreza a todos: 

"Teño gana de seguir axudando ao club pero tamén teño que escoitalo e ao corpo técnico, que ao final son eles os que teñen que decidir. Eu non quero estar por estar".

Este domingo poderás gozar da entrevista estendida no informativo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade