Alvaro Giménez bota de menos un futbolista das características de Iker Losada
Alvaro Giménez bota de menos un futbolista das características de Iker Losada
Alvaro Giménez : "Hai que insistir no xogo de ataque, temos que chegar arriba con máis xente para ter a oportunidade de facer goles"
Álvaro Giménez, un dos dianteiros centro do Rácing de Ferrol e un xogador fundamental no ataque racinguista na pasada tempada, asegura que hai que chegar con máis xente arriba para ter máis ocasións de gol.
"Hai que insistir no xogo de ataque, temos que chegar arriba con máis xente para ter a oportunidade de facer goles".
Alvaro Giménez bota de menos un futbolista das características de Iker Losada.
"Ao non xogar cun mediapunta é máis complicado"
"Non está Iker, e hai que atopar o modo de xogar como antes"
Pese que o equipo só puido sumar un punto nas catro primeiras xornadas de liga, o dianteiro confía no actual equipo e destaca que irá a máis conforme pasen as xornadas.
Pide paciencia á afección e destaca que os xogadores deixan todo no campo. Tamén sinala que é importante lograr o antes posible a primeira vitoria. Coñece ben o Cádiz, co que xogou tanto na Primeira como na Segunda División.
"É un partido especial para min polo tempo que pasei nese club. Con todo, o pasado é pasado, só penso en lograr os tres puntos para o Rácing, que os necesitamos".
Engade que o Cádiz é un bo equipo, que conta nas súas filas con xogadores que na pasada tempada estaban a xogar na Primeira División. Ademais destaca o ambiente especial que se vivirá no Novo Mirandilla.
"Contan cunha afección que os apoia muda e durante todo o partido".