Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apelan ao diálogo para evitar o colapso na cadea láctea

Apelan ao diálogo para evitar o colapso na cadea láctea

Na planta de Lactalis, en Vilalba, agótaselles capacidade para seguir recollendo leite

Non reciben os materiais necesarios para o envasado

G24.gal 22/03/2022 14:26

A planta de Lactalis en Vilalba xa non pode almacenar máis leite, despois de 9 días de folga teñen en stock uns 1.000 camións de leite. Con moitas dificultades, lograron recollelo nas granxas, pero agora non reciben nin cartón nin plástico para envasar nin poden sacalo ao mercado.

Dende o sector fan un chamamento urxente ao diálogo para evitar o colapso da cadea. Din que se a situación segue igual, en 24 horas terán que deixar de recoller leite nas ganderías e destruír produto na planta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade