Artesanía, produtos típicos e agasallos alternativos no Mercado de Nadal de Ribadeo
O mercado ofrece alimentos típicos, xoias, xoguetes e artesanía variada
Durante toda a ponte contará tamén con concertos e actividades para os cativos
Os mercados de Nadal son a mellor proba de que non queda nada xa para as festas. En lugares como Ribadeo aproveitan esta longa ponte festiva para ofrecer na rúa unha ampla oferta de produtos.
Nesta primeira xornada de mercado moitos veciños e visitantes buscan ese agasallo especial co que sorprender nestas datas. E como non, tamén podemos atopar xoguetes. Xoguetes ben diferentes aos habituais.
E se o que queren e levar algo típico as súas mesas, Hai onde elexir: doces artesáns, pan, embutidos e moito máis. Todo elo nun mercado que se vai prolongar ata o día 8 e que ofrecerá ademais actuacións musicais e actividades para os cativos.