Facer exercicio, un propósito recorrente despois do Nadal
Facer exercicio, un propósito recorrente despois do Nadal
Os ximnasios notan estes días un aumento de xente e de inscricións
Cada ano, tras as festividades do Nadal, un dos propósitos máis comúns na maioría das persoas é mellorar a saúde a través do exercicio físico.
A época de celebracións, comidas copiosas e unha vida máis sedentaria xera unha sensación xeral de querer “restablecer” o corpo ao comezo do novo ano, o que converte ao exercicio nun dos principais obxectivos para quen busca mellorar o seu benestar.
O exercicio non só é unha ferramenta para perder peso ou gañar musculatura, senón tamén para mellorar o estado de ánimo, reducir o estrés ou aumentar a enerxía, axudando tamén a combater os posibles efectos do exceso de alimentos e o alcol durante as festas, que poden alterar a rutina de descanso e alimentación.
O principal para que o exercicio se converta nun propósito sostible é establecer metas alcanzables e realistas. En relación con isto, Romeo de Santana, monitor de sala sinala que "a mellor opción é sempre facer deporte continuado e moderado e empezar pouco a pouco".
Pola súa banda, Chelo Suárez, directora de Comunicación Multiúsos Fontes do Sar, asegura que "notan un incremento de uso nestas datas" e que eles o denominan como "operación turrón".