Arxentina alza a súa terceira Copa do Mundo en Qatar 3(4)-(2)3
Arxentina alza a súa terceira Copa do Mundo en Qatar 3(4)-(2)3
Leo Messi logra o seu ansiado Mundial e convértese no xogador con máis partidos disputados nunha Copa do Mundo
O propio Messi, en dúas ocasións, Di María e Mbappé, cun hat-trick, foron os encargados de anotar os tantos dun encontro que parecía sentenciado ata o minuto 80
Arxentina toca a gloria e consegue a súa terceira Copa do Mundo 36 anos despois. Leo Messi, cun doblete, Di María e Mbappé, en tres ocasións, foron os encargados de anotar os tantos dun encontro que pasará á historia por ser o primeiro Mundial que gaña o astro arxentino. O partido resolveuse nos penaltis, onde Arxentina anotou 4 e Francia 2.
A selección francesa saíu ao partido coa mesma estratexia que tan ben lle fora na semifinal contra Marrocos. Unha formulación defensiva, co equipo ben organizado e cedéndolle a posesión do esférico a Arxentina.
Leo Messi anotou o primeiro tanto, tras un polémico penalti a Di María. O segundo gol viría 13 minutos despois, no 36. Di María, a pase de Mac Allister, sería o encargado de culminar unha rápida contra, poñendo o 2-0 no marcador e evidenciando o claro dominio da albiceleste.
¡Argentina firma el contraataque perfecto! 🇦🇷😳
— Gol Mundial (@Gol) December 18, 2022
⚡️ Máxima precisión a toda velocidad#GolMundial pic.twitter.com/TZtMRPkqAn
Minutos finais de escándalo
Na segunda metade, Francia optou por unha táctica diferente. O dominio pasou polos franceses e, en tan só dous minutos, empatou o partido cun dobrete de Mbappé no 80 e no 81.
En las grandes citas siempre aparecen los grandes jugadores 🔝
— Gol Mundial (@Gol) December 18, 2022
🇫🇷 𝗞𝗬𝗟𝗜𝗔𝗡 𝗠𝗕𝗔𝗣𝗣𝗘 🇫🇷
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter#GolMundial pic.twitter.com/xdcRteZhLa
Os franceses continuaron apertando e Arxentina sufriu ata os últimos intres do partido. Leo Messi tivo unha ocasión clara de gol cun bo disparo dende o bordo da área, pero Hugo Lloris estivo acertado e detivo o balón cunha excelente parada.
😳 El disparo de Messi
— Gol Mundial (@Gol) December 18, 2022
La parada de Lloris 🔝
⏱️ ¡Nos vamos a la prórroga!#GolMundial pic.twitter.com/Tzsf4ybv7c
O rexurdir de Arxentina
A primeira metade da prórroga careceu de ocasións claras ata o final, onde Arxentina contou cunha doble oportunidade de Lautaro e Montiel e con outro remate de Lautaro que se marchou por moi pouco da portería defendida por Hugo Lloris.
Na segunda metade, Leo Messi volvía adiantar aos arxentinos, mais Mbappé poñía as táboas de novo no marcador uns minutos despois, pechando a súa conta particular cun hat-trick. Francia volvía a gozar doutra clara oportunidade de gol, pero Emiliano Martínez estaba atento para mandar o partido aos penaltis.
O propio Emiliano Martínez foi peza chave na tanda, parándolle un penalti a Coman. Tchouaméni tamén erraría o seu penalti e Arxentina, anotando todos, proclamaríase campión da Copa do Mundo.
O Mundial de Messi
Leo Messi gaña o seu primeiro Mundial e devolve a gloria a Arxentina máis de tres décadas despois. Con 26 aparicións, toma o relevo de Lothar Matthäus para converterse no xogador con máis partidos disputados nun Mundial. A pesar do seu dobrete na final, non se puido proclamar como o máximo goleador da competición, un premio que quedou para Mbappé, con 8 tantos anotados ao longo desta Copa do Mundo.
Julián Álvarez, a revelación do Mundial
Con 4 goles e sendo un xogador chave dentro do esquema de Scaloni durante toda a competición, o dianteiro do Manchester City converteuse na gran revelación deste Mundial de Qatar.
La Araña quiso picar 🕷️
— Gol Mundial (@Gol) December 18, 2022
🔝 Julián Álvarez presentando candidatura a jugador revelación de #Qatar2022#GolMundial pic.twitter.com/r1fjdebDLU
O 'virus do camelo'
Nos días previos ao encontro, saltaba a alarma na selección francesa, pois cinco dos seus xogadores estiveron afectados polo coñecido como 'virus do camelo': Rabiot, Upamecano, Coman, Varane e Konaté. Os seus principais síntomas son dificultade respiratoria, febre e tose.
Non obstante, todos os xogadores afectados lograron recuperarse e puideron estar presentes na final fronte Arxentina, permitíndolle a Didier Deschamps dispoñer do seu once de gala.