Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arxentina volve meterse noutra final no reencontro goleador de Messi (2-0)

Arxentina volve meterse noutra final no reencontro goleador de Messi (2-0)

Amosouse moi sólida para derrotar a Canadá por 2-0

G24.gal 10/07/2024 07:35

Sen brillo pero coa contundencia do campión, a selección arxentina de Scaloni chegou á final da Copa América logo de gañarlle a un meritorio conxunto canadense por 2-0 nun partido en que Messi festexou o seu primeiro gol do torneo. 

Desde que Arxentina rompeu o teito das finais en 2021, enlazou título de Copa América e da Copa do Mundo. Agora pode manter a xeira de resultados cun terceiro galardón consecutivo. Ten unha confianza cega nas súas posibilidades por máis que semelle un equipo ao que lle custa xerar bo fútbol. 

Lautaro quedou no banco e apareceu Julián Álvarez para marcar o gol inicial. Aos poucos do segundo tempo, sentenciou Messi, que levaba só unha asistencia nos catro partidos anteriores. Sen alardes, pero os arxentinos xa agardan rival na final. 

2. Arxentina: Emiliano Martínez; Montiel (Nahuel Molina, m.71), Cristian Romero, Lisandro Martínez (Otamendi, m.65), Tagliafico (Pezzella, m.78); Ángel di María (Nico González, m.77), De Paul, Enzo Fernández, Mac Allister (Palacios, m.77); Lionel Messi, Julián Álvarez (Lautaro Martínez, m.77).

0. Canadá: Crepeau; Johnston, Bombito, Cornelius, Alphonso Davies (Osorio, m.71); Ismael Koné, Eustaquio (Choiniere, m.71); Laryea (Ali Hamed, m.56), Jonathan David (Oluwayesi, m.65), Shaffelburg (Millar, m.56); Larin.

Goles: 1-0: m.23: Julián Álvarez. 2-0: m.51: Messi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos