Os inscritos de Podemos teñen ata a medianoite deste venres para votar sobre o pacto con Sumar
Os inscritos de Podemos teñen ata a medianoite deste venres para votar sobre o pacto con Sumar
Yolanda Díaz fai un chamamento á unidade das forzas progresistas de Galicia
Pablo Iglesias rexeita o acordo e pide o voto para o BNG
A dirección nacional de Podemos deixa a decisión en mans da organización en Galicia
Podemos Galicia lanzou a pregunta aos inscritos: se apoian que a formación morada concorra con Movemento Sumar ás eleccións galegas. A poucas horas de que remate o prazo, dende Sumar, Yolanda Díaz animaba á confluencia das forzas progresistas.
Sen cargo en Podemos pero con moito peso, Pablo Iglesias facía outro chamamento. Pedía votar en contra do pacto entre os morados e Sumar a vez que reclamaba o voto para o BNG. Dende a dirección nacional deixan a decisión en mans da organización en Galicia.
O debate sobre a unidade entre Sumar e Podemos deixa feridas en Cataluña. A comisión de garantías da formación morada suspendeu de militancia durante nove meses 13 exdirixentes que apostaban polo encontro con Sumar.