As estrelas do Deporte Galego volven xuntarse despois de tres anos
Teresa Portela, Adi Iglesias, Carlos Arévalo, Martín de la Puente, Antía Jácome, Ezequiel Mosquera ou Toni López foron algúns dos premiados
Tras tres anos de espera pola pandemia, este serán retomouse a celebración da gala de entrega dos Premios Deporte Galego. Unha cerimonia que tivo lugar no Auditorio de Ribeira.
Vintedous deportistas e entidades foron premiadas en dezaoito categorías distintas. Entre os galardoados na gran festa do deporte galego, Teresa Portela, Ana Peleteiro e Adi Iglesias en categoría feminina e Carlos Arévalo e Martín de la Puente en categoría masculina.
O premio á mellor deportista revelación foi para Antía Jácome. E tamén resultou galardoado o programa da Radio Galega Galicia en xogo olímpico como mellor labor informativo.