Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morto un home nun tanque de auga en Vilardevós

Atopan morto un home nun tanque de auga en Vilardevós

O 112 informa de que había un coche a carón do tanque de auga

G24.gal 16/02/2025 13:54

Pouco antes da unha da tarde o 112 Galicia recibiu o aviso dun particular que comunicaba que atopara un home morto nun tanque de auga, na estrada de Riós, segundo informa no seu boletín Axega, a Axencia Galega de Emerxencias.

O 112 Galicia avisou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Verín, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilardevós.

O corpo foi recuperado polos servizos de emerxencia sen maior dificultade, explica o 112.

De momento, descoñécense as circunstancias da morte. O 112 só informa de que había un coche a carón do tanque de auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade