Publicador de contidos
Publicador de contidos

Audrey precisa 8.000 euros para unha cadeira de rodas

Audrey precisa 8.000 euros para unha cadeira de rodas

Audrey Noguera Alonso ten 16 anos e pacede atrofia muscular espiñal, unha enfermidade neurodexenerativa que non ten cura

Ela mesma lanzou unha campaña en Internet para recadar fondos para a cadeira de rodas que precisa

Poden colaborar na páxina web: https://www.gofundme.com/f/luchando-por-ella

G24.gal 20/07/2023 13:54

Coñecemos hoxe a historia de Audrey, unha rapaza de 16 anos do concello ourensán do Pereiro de Aguiar que padece atrofia muscular espiñal, unha enfermidade dexenerativa e sen cura. Entre as moitas dificultades que ten no seu día a día, precisa unha cadeira de rodas lixeira e adaptada ás súas necesidades. Por iso, ela mesma tivo a idea de lanzar unha campaña a través de Internet para recadar os fondos. Hoxe tamén quixo falar para o Galicia noticias.

"Teño unha enfermidade dexenerativa, chamada atrofia muscular espiñal (AME), que fai que vaia perdendo forma muscular progresivamente", di Adrey Noguera Alonso. 

Ten 16 anos e, ademais da dor crónica, cústalle subir as escaleiras e xa non pode andar máis de 100 metros seguidos. Precisa unha cadeira de rodas lixera e adaptada ás súas necesidades.  Precisa 8.000 euros.

Como está indo a campaña en Internet? "Moi ben, xa levamos máis da metade", asegura Audrey. 

"Unha cadeira de rodas lixeira e práctica cun asistente eléctrico que é un 'handbike' para poder ser máis independente, ir ao cole, viaxar...", iso é o que precisa para ser máis independente e mellorar a súa calidade de vida. 

"Audrey é unha nena moi madura para os seus 16 anos que ten, moi estudosa... Todos os días son terapias, fisioterapia, logopeda, incluso psicólogos, pero nunca se cansa. Como ela di, nunca vai parar de loitar por facer o posible para ser independente, o máximo que poida, aínda que si que é certo e recoñece que sempre vai necesitar axuda", explica Marta Alonso, nai de Audrey. 

É toda unha loitadora desde que lle diagnosticaron a enfermidade con 18 meses. E súa nai di que é unha rapaza coas ideas moi claras.

Este ano vai comezar primeiro de bacharelato no instituto das Lagoas en Ourense e ten moi claro tamén que vai ir pola rama das ciencias. Gústalle a astrofísica, e xa sabe que quere estudar e ata onde lle gustaría traballar. Asegura que lle gustaría facer o grao en Física ou Matemáticas para poder traballar na NASA. 

"O seu soño sería estudar e chegar a traballar na NASA ou mesmo no CERN, e nós como pais inteNtaremos facer o posible para que os seus soños se poidan cumprir", di a súa nai. 

Audrey ten o soño de estudar física e traballar na NASA.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade