Bebé e Rober Correa: dúo de lóstregos para reforzar a defensa e o ataque do Rácing
Bebé e Rober Correa: dúo de lóstregos para reforzar a defensa e o ataque do Rácing
Correa: "Son un futbolista intenso, veño axudar, a morder"
Bebé: "Cando a xente me dá cariño e forza, rendo moito no campo"
As eivas do Racing neste arranque da liga poden mudar cun pouco de paciencia e se se cumpren as expectativas na chegada de Bebé e Rober Correa, presentados hoxe.
"Hai que ter tranquilidade e o máis importante é ter unha vitoria canto antes"
Tras a lesión de Aitor e para reforzarse e soldarse atrás, onde o Racing leva encaixado nos catro partidos xogados, chega Rober Correa. Un futbolista dúctil para acomodarse tanto no centro da zaga como na banda e poñerlles dente ao partidos.
"Son un futbolista intenso, veño a axudar, a morder"
Reforzos de atrás a diante. A posición de extremo esquerdo terá agora en Bebé a garantía dun futbolista cunha folla de servizos de máis de 230 partidos no fútbol profesional español. Estreouse contra o Mirandés con todo o cariño da xente. Seica a súa mellor gasolina.
"Cando a xente me dá cariño e forza, rendo moito no campo"
O Rácing debe mellorar a súa chegada ás portas rivais aproveitando o potente disparo de Bebé e o poderoso desequilibrio do caboverdiano no último terzo de campo. Apto para calquera posición adiante, el ten as súas preferencias.
Correa, formado na canteira do Raio Vallecano e Bebé, dez anos na nómina dos madrileños, son un dúo de lóstregos para poñerlle máis chispa a un Racing cunha chisca de bradicardia.