Benítez sobre a Copa: "Conseguir este título sería espectacular"
O Celta comeza a andaina copeira diante do modesto Turégano de Segovia
O adestrador leva seis xogadores con ficha do filial
O Celta trata de esquecer o sucedido en Xirona e ten a obriga de gañar e pasar de rolda. Na Copa non hai VAR aínda que si o había en Xirona e serviu de pouco. Benítez vai contar con varios xogadores do filial. Os tres que van de xeito habitual e outros tres que adoitan estar con Claudio Giráldez no Celta Fortuna.
O adestrador agarda que a Copa sirva para lograr un triunfo que lle aporte a dose de confianza necesaria para logo afrontar o partido contra o Sevilla na Liga. Rafa Benítez gañou a Copa en Italia e Inglaterra e afirma que "conseguir este título sería espectacular".
Tamén falou do mercado de fichaxes pero non quixo entrar a valorar a posible incorporación de Xeka, axente libre, nas vindeiras datas.