Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borja Iglesias desprende ilusión na súa presentación: "É como se non marchase"

Borja Iglesias desprende ilusión na súa presentación: "É como se non marchase"

Logo do acto na Madroa, o club realizou a presentación oficial diante dos medios

"Seguro que vai ser un bo ano", asegurou o dianteiro santiagués

G24.gal 24/07/2024 16:50

Logo do acto na Madroa diante dos afeccionados, o Celta realizou a presentación oficial de Borja Iglesias diante dos medios de comunicación que seguen habitualmente o club. O dianteiro santiagués desprendeu ilusión neste novo proxecto no que regresa ao club co que deu o salto á elite, pero no que non logrou triunfar no seu momento. 

Pasou polo Español, o Real Betis e o Leverkusen. Con momentos moi altos na súa carreira e outros que non o foron tanto. Pero sempre coa educación e a dignidade que caracterizou a Iglesias. Foi unha petición de Claudio Giráldez e o dianteiro agarda correspondelo con traballo e goles. Xogará a carón de Iago Aspas, o que era o seu referente cando marcaba no filial, e adaptarase a calquera rol en beneficio do equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos