Publicador de contidos
Publicador de contidos

Borja Iglesias, o seguinte da canteira en regresar ao Celta

Borja Iglesias, o seguinte da canteira en regresar ao Celta

O dianteiro ten a carta de transferible no Betis e é do agrado de Claudio Giráldez

O futuro de Dotor pasa polo Real Oviedo, ao que iría cedido unha temporada

G24.gal 18/07/2024 20:13

Semella que a primeira fichaxe do Celta será a incoporación do santiagués Borja Iglesias. O ex-xogador con club vigués é unha aposta de Claudio Giráldez para complementar os dous dianteiros que ten no cadro: Douvikas e Iago Aspas. A aparición de Pablo Durán no primeiro equipo e a chegada inminente de Borja deixarían unha dianteira de garantías para afrontar a temporada. 

Iglesias tamén ve con moi bos ollos a opción de regresar a Balaídos. Alí onde non puido triunfar en Primeira División e de onde saíu para labrar unha gran traxectoria no Zaragoza, Español, Real Betis ou Leverkusen. Os dous equipos aceleran para asinar o acordo definitivo nunha operación que satisfaría a todas as partes implicadas. 

Dotor, rumbo a Oviedo

Carlos Dotor xogará cedido unha temporada no Real Oviedo. O acordo está case pechado entre os dous equipos e xa ten o visto e prace do xogador que quere sentirse importante nun equipo que quere repetir o asalto á Primeira División. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos