Brais: “Sabemos a importancia que para a xente ten o partido contra o Dépor”
Brais: “Sabemos a importancia que para a xente ten o partido contra o Dépor”
O lateral galego do Rácing afronta o seu terceiro derbi a pesar de ser un dos máis novos do persoal, con tan só 22 anos
Abandonou o terreo de xogo con molestias superada a hora de partido ante o Granada, pero Brais Martínez está xa coas pilas cargadas para visitar ao Deportivo o domingo en Riazor. E é que ninguén quere perderse o duelo entre veciños que tivo a súa última edición en abril do 2023 con empate sen goles na Malata.
Precisamente o lateral de Baiona é un dos catro sobreviventes que permanecen desde aquel último duelo ártabro no vestiario da Malata. Álex López, Manzanara e o tocado David Castro completan a nómina da resistencia.
Con todo, o xogador ten claro que os seus novos compañeiros saben moi ben de que vai o partido do domingo en Riazor.
"A xente víveo como un partido especial, un partido que temos máis ganas de gañar que outros. Para nós é un partido máis pero si que sabemos da importancia que ten para a xente e do ambiente. É un partido, na miña opinión, bonito", indica.