Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cabo consolídase na segunda quenda e Bueu afástase da permanencia

Cabo consolídase na segunda quenda e Bueu afástase da permanencia

Urdaibai gañou a proba da ACT en Cabo da Cruz

Na categoría feminina Tirán quedou por diante de Cabo

G24.gal 21/07/2024 16:35

A liga ACT de traiñeiras fixo parada en Boiro onde se disputou a quinta Bandeira Feminina Rianxeira, na que non houbo sorpresas nos primeiros postos, coa vitoria Arraun Lagunak que conseguiu a súa oitava bandeira no que vai de competición, seguida de Donostiarra, Tolosa e Orio. O golpe sobre a mesa douno nesta proba Tirán que fixo unha gran regata na primeira das quendas, xa que foi a máis rápida no segundo longo, o que a levou a sétima posición. A outra cara da moeda para as traiñeiras galegas amosouna Cabo de Cruz, que non tivo o seu mellor día na casa e puido con ela a presión de remar ante o seu público. Rematou no oitavo posto, e nestes intres está a tres puntos da permanencia.

Na Bandeira Concello de Boiro masculina Bueu evitou a última posición ao aproveitar un erro nunha ceavoga de Kaiku. Porén, o resultado na pelexa polo descenso non resultou positivo porque o seu gran rival, San Pedro, acadou o mellor resultado da temporada cun oitavo posto e meteu moitas traiñeiras polo medio. 

Cabo saía na segunda quenda e conseguiu o segundo posto por detrás de Ondarroa para rematar na sétima praza en tempos compensados. Deixou a Getaria e a Lekeitio por detrás. O vento prexudicou aos equipos que compartiron quenda con Cabo.

Na loita pola bandeira houbo catro equipos con opcións ata o último longo; Donostiarra, Hondarribia, Zierbena e Urdaibai. Pero á hora da verdade os de Bermeo, líderes da ACT, non perdoaron e acadaron a sexta vitoria nas oito probas disputadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos