Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cambios no Breogán: Tito Díaz será director deportivo e Salva Arco o director xeral

Cambios no Breogán: Tito Díaz será director deportivo e Salva Arco o director xeral

Tito Díaz sobre a renovación de Mrsic: "Tivo ofertas, economicamente superiores e preferiu quedar aquí"

G24.gal 28/05/2024 15:10 Última actualización 28/05/2024 15:24

O Breogán anunciou este martes cambios na súa estrutura. Carmen Lence, presidenta do club, despois de facer un balance da tempada que acaba de concluír, que cualificou como "difícil" e que representou a "resiliencia" do club, capaz de facer "moito con pouco", explicou a renovación da directiva da sociedade celeste.

Tito Díaz, actual director xeral e deportivo, queda á fronte do apartado deportivo. Salva Arco, ex-xogador do Río Breogán e actualmente director da Fundación Breogán, pasa a ser o novo director xeral da entidade.

Carmen Lence recoñeceu publicamente o labor de Tito Díaz. Salva Arco, na súa comparecencia, indicou que asume este reto "con moita ilusión" e así mesmo mostrou o seu agradecemento ao consello de administración polo nomeamento, que supón un "paso moi importante" para el "tanto a nivel profesional como persoal".

Arco desvelou o nome do novo director da Fundación Breogán: Luis Abel Taboada. Para concluír, Tito Díaz fixo balance da tempada que acaba de concluír a nivel deportivo, que cualificou como un ano "difícil, que puido destruírnos, pero que nos uniu aínda máis".

Díaz sinalou que deportivamente este curso fora un "éxito" porque se conseguiu a permanencia e competiuse en Europa, concretamente na liga de Campións de Baloncesto (BCL).

Sobre o futuro, o directivo breoganista afirmou que o prioritario, a renovación, do adestrador, xa está feito e que a partir de aí, ao alimón co técnico Veljko Mrsic, decidirán a continuidade e fichaxes necesarios.

Este cambio chega un día despois de anunciar a renovación de Veljko Mrsic como adestrador. O acordo verbal ao que chegaran Río Breogán e o adestrador balcánico oficializouse este luns coa firma do contrato.

"Tivo ofertas, economicamente superiores e preferiu quedar aquí"

O técnico croata sempre foi a primeira opción do club por dous motivos principalmente: a "sintonía" que sempre existiu entre ambas as partes -mesmo nos momentos máis difíciles- durante todo este tempo e a busca de "continuidade" cun adestrador que demostrou o seu bo facer en Lugo, segundo confirmouse desde a entidade celeste.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos