Publicador de contidos
Publicador de contidos

Campos tira do mercado portugués e asina a Gonçalo Paciencia

Campos tira do mercado portugués e asina a Gonçalo Paciencia

O dianteiro de 28 anos estaba a xogar no Eintracht, vixente campión da Europa League

A duración do contrato será ata o 2025

G24.gal 04/08/2022 22:17 Última actualización 06/08/2022 13:18

O Celta pechou co Eintrach de Frankfurt a fichaxe de Gonçalo Paciencia, dianteiro internacional portugués, fillo de Domingos Paciencia, que fora adestrador do Deportivo da Coruña. Paciencia será xogador do Celta ata o ano 2025.

Paciencia xogou o pasado ano 25 partidos co campión da Europa League e meteu cinco goles. Canteirán do Porto, pasou tamén polo Olympiakos e o Schalke 04. O seu mellor rexistro goleador foron os 7 tantos que anotou hai tres temporadas xa nas ringleiras do Eintracht. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos