Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cándido Carrera festexa o podio no Campionato do Mundo de Rallys

Cándido Carrera festexa o podio no Campionato do Mundo de Rallys

O copiloto galego, a carón de Dani Sordo, acabou no terceiro posto, por detrás de Tanak e Ogier

G24.gal 02/06/2024 16:30

O estoniano Ott Tanak aproveitou unha picada de Sebastien Ogier na última especial da xornada para gañar o rally de Sardeña, a sexta proba puntuable do Mundial. Ogier (Toyota) comezou a xornada cunha vantaxe de 17 segundos pero amosouse moi conservados. Tanak foi reducindo a diferenza ata situarse a 6.2 segundos a falta do treito final. Parecía tempo dabondo para Ogier pero a picada a 3 quilómetros do final arruinou a súa estratexia. O francés acabou a dúas décimas do gañador. 

A vitoria de Tanak (Hyundai) é a de menor diferenza da historia dos campionatos do mundo de rallys. O español Dani Sordo, co galego Cándido Carrera como copiloto, do mesmo equipo que o estoniano foi terceiro a 2.25 do gañador. O seu compatriota Jan Solans acabou no oitavo posto. 

O belga Thierry Neuville continúa mandando na clasificación xeral do Mundial. A sétima proba puntuable será en Polonia, do 27 ao 30 de xuño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos