Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cantero lamenta a oportunidade estragada para xogar a promoción

Cantero lamenta a oportunidade estragada para xogar a promoción

O mellor xogador do mes de maio no Racing recoñece que a Segunda División pon a cada un no seu sitio

G24.gal 29/05/2024 20:21

Na convocatoria da selección galega hai catro futbolistas do Racing aos que lles queda unha viaxe a Andorra. Será o domingo. Andorra-Racing, derradeira xornada de liga en 2.ª division. O gardameta Cantero ainda se lamenta por non entrar no play-off.

"Cando viñen aquí, a miña primeira idea era picar pedra, salvarnos na última xornada, como no Lugo", comentou o mellor xogador do mes de maio. Pero a realidade é que superaron todas as previsións e ata a penúltima xornada houbo posibilidades de xogar a fase de ascenso: "Queda rabia de non dar pelexado ata o final por xogar o play-off. Durante treitos da tempada puidemos estar algo mellor", comentou o porteiro.

Tamén recoñece que a categoría pon a todos no seu sitio: "A segunda son 42 xornadas, é moi longa e nunca nos engana. Os que están arriba sempre son os máis fortes", recoñece o gardameta vasco do Racing.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos