Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carbonell, heroe do empate do Ourense C. F. diante do Unionistas (2-2)

Carbonell, heroe do empate do Ourense C. F. diante do Unionistas (2-2)

O equipo das Burgas, que segue sen gañar, estragou un penalti co 0-0

Cando todo parecía perdido co 0-2, apareceu Carbonell para marcar dous goles

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 05/10/2024 23:34

O Ourense C. F. segue sen coñecer a vitoria na súa estrea na Primeira Federación. Pero, malia a continuar como pechacancelas do Grupo I, o equipo de Rubén Domínguez acabou o partido contra Unionistas cun bo sabor de boca pola reacción final.

E é que, durante o partido, o cadro ourensán non tivo sorte. Dispuxo da súa grande ocasión na primeira metade, cun penalti moi protestado polos visitantes. Pero Alberto Gil non o aproveitou. DetívolloIván Martínez. E así, co empate sen goles, chegouse ao descanso.

Todo o contrario aconteceu na segunda metade, xa que Unionistas aproveitou as súas accións. Así, De la Nava abría o marcador no 53’, e Dani resolvía aparentemente o choque co 0-2 no 74.

Pero entón apareceu Carbonell, que non fora titular no partido. E, con dous bos remates, conseguía rescatar o empate para os de Rubén Domínguez que, como mal menor, evitan a segunda derrota consecutiva no Couto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar