Carl Starfelt chega a Vigo para pechar a fichaxe polo Celta
Carl Starfelt chega a Vigo para pechar a fichaxe polo Celta
O internacional sueco ten 28 anos e o Celta pagará por el uns 5 millóns de euros
A quinta incorporación do Celta xa está en Vigo. Trátase do central sueco Carl Starfelt (28 anos), que chega procedente do Celtic de Glasgow, co que se proclamou campión das dúas últimas ligas en Escocia.
Starfelt tamén xogou no IFK Gotemburgo e no Rubin de Kazan e debutou coa selección. Custaralle ao cadro vigués uns 5 millóns de euros e asina para as vindeiras catro temporadas. O Celta fortalece o centro da defensa. Starfelt é a terceira opción para Benítez despois da parella titular da campaña anterior formada por Aidoo e Unai Núñez. Carlos Domínguez queda como cuarto central.
As incorporacións no mercado do Celta son as de Carles Pérez (Roma), Dotor (Real Madrid Castela), Bamba (Lille) e Manu Sánchez (Atlético de Madrid).