Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Canal sofre un traumatismo cranial nunha terrible caída en Liexa

Carlos Canal sofre un traumatismo cranial nunha terrible caída en Liexa

A 69 quilómetros de meta o ciclista galego do Movistar tivo un accidente que o levou ao hospital

G24.gal 22/04/2024 00:17

O ciclista de Xinzo de Limia Carlos Canal (22 anos) sufriu unha aparatosa caída durante a Liexa-Bastogne-Liexa, unha das clásicas máis importantes do calendario mundial. Cando quedaban 69 quilómetros para a liña de meta e ía nun dos grupos principais, Canal caeu despois de impactar cun bolardo e golpeouse contra a beirarrúa. 

Deseguida foi trasladado ao hospital, onde lle fixeron probas para determinar se había problemas óseos no cerebro. Canal sofre feridas e contusións no ombreiro esquerdo e nos dous xeonllos. Pasará a noite no hospital seguindo o protocolo de contusión cranial en Bélxica. 

Na proba, o dominio absoluto foi para Tadej Pogaçar, que endureceu a carreira a 30 quilómetros para o remate e acabou gañando en solitario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos