Carlos Canal acaba a dous segundos do podio no Campionato de España
Carlos Canal acaba a dous segundos do podio no Campionato de España
Dominio do Movistar que levou o ouro -Aramburu- e a prata -Lazkano-
Canal traballou para o equipo, pero brillou cunha remonta final que a piques estivo de darlle a medalla
Carlos Canal quedou ás beiras do podio no Campionato de España en ruta no que o Movistar impuxo a súa tiranía levando o ouro e a prata. Gañou Álex Aramburu, cunha gran fuxida a 15 quilómetros do final. Segundo foi Oier Lazkano, gañador do ano pasado e gran favorito nas quinielas.
Jesús Herrada (Cofidis) rematou na terceira posición e detrás del chegaba un grupo que comandaba Mikel Landa. Carlos Canal, que fixera un gran traballo para os seus dous compañeiros, acabou con moita forza a carreira e chegou desde posicións máis atrasadas para superar a Landa sobre a mesma liña de meta e quedar a só dous segundos de Herrada á procura do bronce.