Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carolina Marín, premio Princesa de Asturias do Deporte

Carolina Marín, premio Princesa de Asturias do Deporte

A xogadora de bádminton, mancada nos pasados Xogos Olímpicos, desafiou as grandes potencias e converteuse nun referente mundial do deporte

G24.gal 25/10/2024 20:36

Día especial para Carolina Marín, que este venres pola tarde recibiu o Premio Princesa de Asturias do Deporte.

Das mellores xogadoras de bádminton de todos os tempos a nivel mundial. Carolina Marín desafiou xogadoras chinesas, tailandesas ou coreanas para converterse nunha figura. Acadou tres mundiais, seis europeos e un ouro olímpico.

A rotura do cruzado impediulle traer medalla da última cita olímpica en París. Unha lesión importante da que se está recuperando. A onubense confía en volver á elite do bádminton.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade