Publicador de contidos
Publicador de contidos

Case 6 anos despois do incendio, Notre Dame recupera a normalidade

Case 6 anos despois do incendio, Notre Dame recupera a normalidade

O acceso ao templo francés seguirá sendo libre e gratuíto

O arcebispo de París concelebrou a primeira misa con máis de 140 bispos
G24.gal 08/12/2024 19:35

O arcebispo de París, acompañado de máis de 140 bispos de Francia e do resto do mundo, consagrou de novo o altar da catedral de Notre Dame, tras o que celebrou a primeira misa desta nova etapa do templo, inaugurado hai 860 anos e arrasado polo lume en abril de 2019.

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, asistiu á primeira misa

A cerimonia relixiosa desta mañá contou de novo coa presenza do presidente francés, Emmanuel Macron, e da súa muller.

700 millóns de euros e case seis anos de traballo para recuperar Notre Dame

O traballo de máis de dous mil especialistas durante case seis anos, cun presuposto duns setecentos millóns de euros, permitiron recuperar a luz e a grandiosidade do monumento máis visitado de Francia.

A partir do día 16 o acceso a Notre Dame será, de novo, libre e gratuito

Despois das dúas misas celebradas este domingo, Notre Dame comezará un proceso controlado de volta á normalidade, con misas temáticas durante toda a semana que ven; ata que o luns, 16 de decembro, a catedral recupere a normalidade total. A partir dese momento, as visitas individuais serán libres e gratuítas; no caso de grupos de seis ou máis persoas terán que facer unha reserva electrónica previa, tamén gratuíta, na páxina web do templo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade